A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

18,80 €

IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Libreria Didot

  • Mil cousas poden pasar. Libro II
    Titulo del libro
    Mil cousas poden pasar. Libro II
    Fernández Serrano, Jacobo
    Xerais
    Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo maz...
    No disponible

    14,50 €

  • Xograres do mar de Vigo
    Titulo del libro
    Xograres do mar de Vigo
    Pena, Xosé Ramón
    Xerais
    No disponible

    9,25 €

  • Paulo e Virxinia
    Titulo del libro
    Paulo e Virxinia
    Bernardin de Saint-Pierre, Henri
    Xerais
    Paul et Virginie foi publicada por vez primeira o ano 1784 en París acadando axiña unha grande popularidade.B...
    No disponible

    7,25 €

  • APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    Titulo del libro
    APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    Da Silva, Kiko
    Xerais
    Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Vermella con lobos
    Titulo del libro
    Vermella con lobos
    Blanco, Carmen
    Xerais
    Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estr...
    No disponible