A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)
 IBD

A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875161
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-516-1
Páginas:
158
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Título: A revolución en marcha.
Subtítulo: Decretos e proclamas da comuna de París(Setembro 1870-Maio 1871)
"...se algunha aprendizaxe  é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa «extinción na simple xestión racional do social», senón «a posta en deliberación permanente do público» (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma  no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que  nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que «celebra a épica das coles, a épica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles  e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica». Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política  como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di «isto será posible», senón «isto foi posible» e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanza".
María do Cebreiro

Materia en Libreria Didot

Laiovento (ibd) en Libreria Didot

  • Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural
     IBD
    Titulo del libro
    Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural
    Antón Figueroa
    Laiovento (ibd)
    MARXES E CENTROSPara unha socioloxíado camp o cultural(Cunha entrevista ao autor:?autoanálise, o que un vén&...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • CONTRA(DE)CADENCIA
     IBD
    Titulo del libro
    CONTRA(DE)CADENCIA
    Paco Yañez
    Laiovento (ibd)
    penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria(non necesaria-mente como novela, senón como algunha sor...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Murguía. Cen anos despois
     IBD
    Titulo del libro
    Murguía. Cen anos despois
    Henrique Rabuñal Corgo
    Laiovento (ibd)
    Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murgu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • ACTA DE VÍTIMAS
     IBD
    Titulo del libro
    ACTA DE VÍTIMAS
    Victorino Gutiérrez Aller
    Laiovento (ibd)
    Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo deconvencer aos descendentes dunha familia fida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €

  • A máquina ousada. Pondal e a literatura
     IBD
    Titulo del libro
    A máquina ousada. Pondal e a literatura
    Manuel Castelao Mexuto
    Laiovento (ibd)
    Eduardo Pondal foi o máis parecido a un escritor profesional que houbo  entre nós, por non estar obrigado a g...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €