Ámote vermella

Ámote vermella

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829533
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-953-3
Páginas:
168
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
185
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

21,05 €

IVA incluido

Con Amote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo blues e proseguida con A loita continúa (Xerais 2004). Este poemario elexíaco,  ilustrado pola pintora Sara Lamas, está organizado en tres partes: I.  "No corazón da besta"; II. "Na besta do corazón" e III. "Memoria contra a morte". Na primeira parte, a máis extensa do libro o poeta e a pintora homenaxean a todas as mulleres vítimas da barbarie do 36, esquecidas entre os esquecidos. Así recupérase a memoria e o rostro das mulleres libertarias asasinadas en Galicia, como Josefa Barreiro González, nai humilde ou Dolores Blanco Montes, a voz das conserveiras  e atadeiras do Morrazo. Outrosí faise con Juana Capdevielle, secuestrada tras ser fusilado o seu marido, Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e asasinada e enterrada en Rábade o 18 de agosto de 1936. Elexía pronunciada na lembranza de Amada García,  fusilada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo, acabado de nacer. Homenaxe que se estende ás mestras represaliadas (como María Vázquez Suárez, Mercedes Romero Abella ou a ourensá Erundina Alvarez Pérez), ás matronas republicanas, ás decenas de mulleres descoñecidas que agocharon a fuxidos e pagaron coa súa vida por isto ou a todas as mulleres que tolearon de dor durante aqueles anos da represión. Na segunda e terceira parte, o poeta homenaxea as súas voces filiais máis queridas.  Amote vermella é un berro emocionante contra o exterminio atroz daquelas vidas desfeitas, contra o esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que cosntitúe un chamado en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Os señores meses
    Titulo del libro
    Os señores meses
    Ferrer, Ánxeles
    Xerais
    Con cada novo ano, chega ata nós a roda dos señores meses, facendo as casas con cachos de lúa e con pingas d...
    No disponible
  • Dr. Jekyll e Mr. Hyde
    Titulo del libro
    Dr. Jekyll e Mr. Hyde
    Stevenson, Robert Louis
    Xerais
    E esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez...
    No disponible

    8,60 €

  • Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego
    Titulo del libro
    Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego
    Gonçales Blasco ''Foz'', Luís
    Xerais
    En «Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego» Luís Gonçales Blasco «Foz» propón unha achega ao comport...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €

  • Pompas De Xabon 4 Anos. Primeiro Trimestre
    Titulo del libro
    Pompas De Xabon 4 Anos. Primeiro Trimestre
    Campuzano Valiente
    Xerais
    No disponible

    36,00 €

  • Arnoia, Arnoia
    Titulo del libro
    Arnoia, Arnoia
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,80 €