As cidades invisibles

As cidades invisibles

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023150
ISBN:
978-84-8302-315-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVA incluido

Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador  mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. O xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia,  e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, "a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son  as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un  humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe". Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abriu en 1998 a nova liña de traduccións que Xerais ven ofrecendo dentro da súa colección "Narrativa".

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Cartas a Chichita 1962-1963
    Titulo del libro
    Cartas a Chichita 1962-1963
    Nº 40
    Calvino, Italo
    Siruela
    El primer encuentro con Chichita, en París, en abril de 1962, es, junto con su participación en la Resistenci...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,95 €

  • La nube de smog
    Titulo del libro
    La nube de smog
    Nº 00
    Calvino, Italo
    Siruela
    El protagonista de La nube de smog lucha sin ilusión contra una de las  grandes amenazas de las sociedades ind...
    No disponible
  • He nacido en América
    Titulo del libro
    He nacido en América
    Nº 39
    Calvino, Italo
    Siruela
    Repartida a lo largo de cuatro décadas (1951-1985), esta iluminadora serie de entrevistas con Italo Calvino pr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    28,95 €

  • Palomar
    Titulo del libro
    Palomar
    Calvino, Italo
    Siruela
    Esta sabia y conmovedora novela de Italo Calvino encierra en su brevedad y aparente sencillez una hondura sutil...
    No disponible
  • COLECCION DE ARENA
    Antiguo
    Titulo del libro
    COLECCION DE ARENA
    Nº 036
    CALVINO, ITALO
    Alianza editorial
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    15,00 €

Xerais en Libreria Didot

  • Sonata de amigos
    Titulo del libro
    Sonata de amigos
    García Villar, Benedicto
    Xerais
    "Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixon...
    No disponible

    20,95 €

  • Iraq: Días de posguerra
    Titulo del libro
    Iraq: Días de posguerra
    Teniente, Xavier
    Xerais
    O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida...
    No disponible

    20,95 €

  • O home invisible
    Titulo del libro
    O home invisible
    Wells, H. G.
    Xerais
    O descoñecido chegou a pé desde a estación do tren de Bramblehurst un día glacial de primeiros de febreiro....
    No disponible

    9,80 €

  • GRAFOMOTRICIDADE 4. 3 ANOS. MÁIS QUE TRAZOS 2019
    Titulo del libro
    GRAFOMOTRICIDADE 4. 3 ANOS. MÁIS QUE TRAZOS 2019
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,00 €

  • Manuel Lueiro Rey
    Titulo del libro
    Manuel Lueiro Rey
    VV.AA FRAN / Y OTROS
    Xerais
    A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúe...
    No disponible

    19,95 €