As cidades mergulladas

As cidades mergulladas. Poesía reunida 1973-2002

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820646
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9782-064-6
Páginas:
392
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

25,70 €

IVA incluido

Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul»  (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002). Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño -por ser estraño, ata non é profesor de Literatura,  senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos-. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só  estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde  1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o  Miranda que ama especialmente o verso libre, "música composta sobre os pés esenciais dos máis antigos ritmos", cuxa forma máis simple e consagrada é o alexandrino branco. O outro Miranda sería o que vai de «Sonetosfera», escrito en 1993, despois de varios anos de abstinencia do verso, ata os poemas últimos de «Inverno e outras ausencias». Aquí o poeta abrázase ao soneto, pezas de tensión formal rabiosa, de escollida e asumida dificultade, construídas de acordo cos máis estritos esquemas clásicos e modernos e con rimas francamente difíciles. Toda a obra, pois, un dos nosos grandes poetas.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Arrepíos e outros medos
    Titulo del libro
    Arrepíos e outros medos
    Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    Xerais
    "Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con e...
    No disponible
  • Contos de parvos e pillos, II
    Titulo del libro
    Contos de parvos e pillos, II
    Miranda Ruíz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous vol...
    No disponible

    10,95 €

  • Máis contos de animais, II
    Titulo del libro
    Máis contos de animais, II
    Miranda Ruíz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne con¡tos da nosa tradición oral, son as no¡sas historias, a nosa cultura....
    No disponible

    10,95 €

  • Amancio Amigo e o demo da botella
    Titulo del libro
    Amancio Amigo e o demo da botella
    Miranda, Xosé
    Xerais
    A protagonista desta novela, Sabela, unha nena do Courel, é irmá da moza e amiga da irmá do meigo Amancio Am...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,35 €

  • Morning Star
    Titulo del libro
    Morning Star
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e es...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Terra de Santiago
    Titulo del libro
    Terra de Santiago
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    13,60 €

  • Viaxe por Galicia
    Titulo del libro
    Viaxe por Galicia
    Borrow, George
    Xerais
    No disponible

    40,00 €

  • Trasnos máxicos. Vacacións 5 anos
    Titulo del libro
    Trasnos máxicos. Vacacións 5 anos
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,10 €

  • Randea do alento
    Titulo del libro
    Randea do alento
    Müller, Herta
    Xerais
    Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucra...
    No disponible

    24,50 €

  • Anamarciana no Planeta Vermello
    Titulo del libro
    Anamarciana no Planeta Vermello
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra re...
    No disponible

    8,20 €