As últimas galerías

As últimas galerías

Nº:
337
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656190
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páginas:
404
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
 Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías  últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar  as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas  nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
 O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións,  pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a  liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir  reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é  efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Dinosaurio Belisario
    Titulo del libro
    Dinosaurio Belisario
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Kalandraka
    Esta é a historia rimada dun tirano que se cría intocable: ?Verde, brando, gordo, enorme. Belisario era o ter...
    No disponible

    13,00 €

  • Dinosaurio Belisario
    Titulo del libro
    Dinosaurio Belisario
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Kalandraka
    Esta es la historia rimada de un tirano que se creía intocable: ?Verde, blanco, gordo, enorme. Belisario era e...
    No disponible

    13,00 €

  • Dinosaurio Belisario
    Titulo del libro
    Dinosaurio Belisario
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Kalandraka
    No disponible

    11,50 €

  • Tempo do pai
    Titulo del libro
    Tempo do pai
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Memoria fiel que parte da verdade persoal, o libro tamén acolle o testemuño da xente próxima a aquel acontec...
    No disponible
  • Horizonte pegado a la piel
    Titulo del libro
    Horizonte pegado a la piel
    Blanco, Rosa Alice / Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Espiral maior, s.l.
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €

Materia en Libreria Didot

Galaxia en Libreria Didot