Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

29,00 €

IVA incluido

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Libreria Didot

  • Muller no baño
    Titulo del libro
    Muller no baño
    Rivas, Manuel
    Xerais
    No disponible

    17,25 €

  • O doutor Livingstone, supoño
    Titulo del libro
    O doutor Livingstone, supoño
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    O doutor Livingstone, supoño recolle unha serie de encontros, casualidades e inquedanzas que atoparon o vieiro...
    No disponible

    22,45 €

  • Entre Fisterras
    Titulo del libro
    Entre Fisterras
    Rodríguez, Salvador
    Xerais
    No disponible

    18,80 €

  • Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña
    Titulo del libro
    Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña
    Simón, Xulio;Dopazo, Carlos
    Xerais
    Combinando o interese artístico e cultural co deportivo, Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña ofr...
    No disponible

    23,60 €

  • Terra de Santiago
    Titulo del libro
    Terra de Santiago
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    13,60 €