Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Año de edición:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
160
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

17,50 €

IVA incluido
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Galaxia en Libreria Didot

  • Futuro imperfecto
    Titulo del libro
    Futuro imperfecto
    Alonso Díaz, Xulia
    Galaxia
    Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,40 €

  • Bibliópatas e fobólogos
    Titulo del libro
    Bibliópatas e fobólogos
    Nº 358
    Pedreira Lombardia, Emma
    Galaxia
    Neste libro de Emma Pedreira hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sand...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,30 €

  • H2...OH!!! PINGAS CIENTIFICAS
    Titulo del libro
    H2...OH!!! PINGAS CIENTIFICAS
    Nº 145
    CANOSA BLANCO, MARIA
    Galaxia
    Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te deca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,70 €

  • Adoptaron a Sara
    Titulo del libro
    Adoptaron a Sara
    Saint Mars, Dominique de
    Galaxia
    No disponible

    6,70 €

  • Hotel Cidade Sur
    Titulo del libro
    Hotel Cidade Sur
    Quintiá Pérez, Xerardo
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    No disponible