Co medo nas mans

Co medo nas mans

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483021194
ISBN:
978-84-8302-119-4
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

12,15 €

IVA incluido

Neste novo libro de Ferreiro, o seu primeiro conxunto de relatos, atopará o lector case todo o acervo narrativo tradicional: ánimas en pena, o lobo, encantos, serpes, a estadea, nunhas historias contadas co sabor inxenuo e marabillado dos contos referidos a carón do lume nas lareiras aldeanas.Dunha maneira case insensible, con esa naturalidade de quen está a describir algo moi seu, Ferreiro métenos na vida de aldea, no seu máis puro quefacer cotián, en historias que discorren sen alardes, coa suavidade da auga do río no remanso, antes de precipitarse no rodicio do muíño, como tamén a horizontalidade narrativa se precipitará finalmente nun cadoiro inesperado por máis esperado que o tivésemos.Co medo nas mans trae a nós un mundo que xa morreu, un mundo que os novos, para coñecelo, terán que llo buscar ós libros. Ferreiro coñoceuno, e viviuno, por iso hai tanta verdade nos seus relatos, aínda que non todos os contos pertenzan á tradición popular. Especialmente dous deles, lévannos a outros mundos distintos.  O medieval en A morte de Orlando, unha das historias máis suxerentes desta entrega. E o mundo dos robots, dos centros de investigación espacial, en A estraña historia de Dolores, un relato inquietante, que  por veces nos trae lembranzas do cine.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Titulo del libro
    Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    O corpo da víctima está esnaquizado, morto, no chan, no medio dun charco de sangue. E unha muller, di un dos ...
    No disponible

    11,75 €

  • A Ceo Aberto
    Titulo del libro
    A Ceo Aberto
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Do castro
    No disponible

    4,00 €

  • Morrer en Castrelo do Miño
    Titulo del libro
    Morrer en Castrelo do Miño
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    No ano 1966, o fermoso e productivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co úni...
    No disponible

    11,25 €

  • A fraga dos paxaros salvaxes
    Titulo del libro
    A fraga dos paxaros salvaxes
    Fernandez Ferreiro, Xose
    Xerais
    No disponible

    12,25 €

  • A morte de Frank González
    Antiguo
    Titulo del libro
    A morte de Frank González
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Desde que en 1975 publlcou a primeira novela de vagueiros en galego, A  Morte de Frank González, este Hemingwa...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,85 €

Xerais en Libreria Didot