Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa)

Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822978
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-297-8
Páginas:
384
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
147
Alto:
221
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

23,60 €

IVA incluido

A síndrome N:N.A. vén ser a de "Non hai Ningunha Alternativa", a que nace da imposición nos últimos anos do que se deu en chamar "pensamento único", global; esa concepción do mundo, da vida, da política e da economía que nos quere convencer de que hoxe xa nos hai máis ideoloxía viable que a ideoloxía neoliberal e o sistema económico  do mercado total. Como o letreiro que o Dante puxo na porta do inferno, cómpre " abandonar toda esperanza " en calquera utopía de cambio transformador, pois está de antemán condenada ao fracaso. Este libro nega radicalmente este fatalismo ancorado no medo e no desencanto paralizante propoñendo como antídoto a esperanza que nace dunha confianza radical en que a auténtica globalización é a da fraternidade e o amor solidario. Para o autor, o crego Victorino Pérez  Prieto, só hai alternativa para un mundo insolidario e egoísta coma o  que vivimos estando a carón da xente, acollendo a súa sabedoría, reelaborándoa persoalmente e sendo capaz de apuntar cara o futuro, con  idealismo ou pesimismo, mais con esperanza. O libro, froito de quince  anos de escrita, recolle textos reelaborados a partir dos publicados inicialmente en "Diario de Ferrol", "A Nosa Terra", "Encrucillada", "Irimia", "El Progreso", "Terra e Tempo" e "Tempos Novos". Organizados  en seis capítulos. I. A carón da xente; II. Persoeiros e amigos, III.  Un mundo entre a vida e a morte; IV. Xesús de Nazaret e a relixión; V. A Igrexa e as igrexas e VI. Curas e bispos. Un libro, pois, no que o autor aposta con valentía pola utopía e a esperanza do Reino de Deus  que anunciou Xesús de Nazaret, presente noutros proxectos de liberación non relixiosos, mais para el non menos crentes.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Disfraces
    Titulo del libro
    Disfraces
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €

  • A memoria de Tui
    Titulo del libro
    A memoria de Tui
    Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roque
    Xerais
    Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX....
    No disponible

    9,90 €

  • Percival e outras historias
    Titulo del libro
    Percival e outras historias
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Xerais
    En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibí...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Florentino, o príncipe Quino
    Titulo del libro
    Florentino, o príncipe Quino
    Sánchez, Gloria
    Xerais
    Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei. Todo o país era unha a...
    No disponible
  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €