Conversas con alfredo conde

Conversas con alfredo conde

Editorial:
Ir indo
EAN:
9788476806401
Año de edición:
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-7680-640-1
Páginas:
308
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
70
Alto:
100
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
CRONICA

19,00 €

IVA incluido
Comprar

Alfredo Conde foi un político discutido e discutible, contra o que lanzaron dardos envelenados por concorrer e gañar o premio Nadal con Los otros días, en versión castelá, despois de ser titular da Consellería de Cultura e de lograr o primeiro e único Premio Nacional de Literatura que permanece no haber das letras galegas, con O griffón. Masacrárono pola debilidade que mostrou ó entrevistar a Fidel  Castro, cando era membro do goberno tripartito que presidía Fernando González Laxe. E conducírono á fogueira do desprestixio máis demoledor  que pode sufrir un personaxe público, cando o diario El País publicou  a catro columnas a frase: "¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?", atribuída a Alfonso Guerra. Por todos estes acontecementos, Alfredo Conde considera que foi xulgado, sentenciado e  condenado, no eido da función pública, sobre o que ofrece sorprendentes revelacións. Pero do que xa non cabe dúbida, é de que durante toda a xeira de paixón non deixou de traballar, coma un dos colosos das letras galegas. Alfredo Conde é un dos principais autores da literatura galega, que continúa facendo achegas fundamentais.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Ir indo en Libreria Didot