Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páginas:
256
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA incluido

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Libreria Didot

  • (04).LINGUA GALEGA 1º.ESO
    Titulo del libro
    (04).LINGUA GALEGA 1º.ESO
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • Iria e a lúa
    Titulo del libro
    Iria e a lúa
    Oli
    Xerais
    No disponible

    6,75 €

  • (G).(08).ECONOMIA 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).ECONOMIA 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Otero Alonso, Concha;Martínez-Corbalán Puche, Carmen
    Xerais
    No disponible

    30,00 €

  • O polbo e a súa cociña
    Titulo del libro
    O polbo e a súa cociña
    Felpeto Lagoa, Matilde
    Xerais
    Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Un home na praia
    Antiguo
    Titulo del libro
    Un home na praia
    Ferriol, Pedro
    Xerais
    Paulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos vencellou o seu destino ao do capitán Thomas e ao seu barco, no que...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,60 €