Elipsis e outras sombras

Elipsis e outras sombras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475079073
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-7507-907-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

13,50 €

IVA incluido
Comprar

Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín  non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe  o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de  lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores.A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso  de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro.Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de  represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Arrabaldo do Norte
    Titulo del libro
    Arrabaldo do Norte
    Méndez Ferrín, X. L.
    Galaxia
    No disponible

    9,00 €

  • Arraianos
    Titulo del libro
    Arraianos
    Méndez Ferrín, Xosé Luís
    Hoja de lata
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    16,00 €

  • Crónica de nós
    Titulo del libro
    Crónica de nós
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    No disponible

    10,75 €

  • Bretaña, Esmeraldina
    Titulo del libro
    Bretaña, Esmeraldina
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,50 €

  • Celanova
    Titulo del libro
    Celanova
    Méndez Ferrín, Xosé Luís;Reza, Xosé Benito
    Ir indo
    No disponible

    41,70 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot