Fábula de Aves
 IBD

Fábula de Aves

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874638
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-8487-463-8
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
VENTOALTO

SINOPSE:

"Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos  e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato  desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.
A vida," esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar" constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de "poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda". Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente  efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico "non substitúe o real senón que o incrementa", tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe."
Xosé Mª Ávarez Cácamo

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Laiovento (ibd) en Libreria Didot

  • Alguén virá...
     IBD
    Titulo del libro
    Alguén virá...
    Pablo García Martínez
    Laiovento (ibd)
    Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX,...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • A POUTADA DO OSO
     IBD
    Titulo del libro
    A POUTADA DO OSO
    Lois Diéguez
    Laiovento (ibd)
    Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,80 €

  • A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
     IBD
    Titulo del libro
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
    Rosa Mª Regueiro Ferreira
    Laiovento (ibd)
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en  Galiza (1995-2011)Neste libro, a autora an...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,00 €

  • DA IDENTIDADE À NORMA
     IBD
    Titulo del libro
    DA IDENTIDADE À NORMA
    Vitor Vaqueiro e Nicolás Xamardo
    Laiovento (ibd)
    O presente texto, desenvolvido a partir duma perspectiva vulgarizadora  por dous autores afastados do territór...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,70 €

  • ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
    Francisco Xavier Redondo Abal
    Laiovento (ibd)
    Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o contro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,90 €