Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

53,90 €

IVA incluido

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Nova crónica das Indias
    Titulo del libro
    Nova crónica das Indias
    Avilés de Taramancos, Antón
    Xerais
    No disponible

    16,65 €

  • Muller no baño
    Titulo del libro
    Muller no baño
    Rivas Barrós, Manuel
    Xerais
    Muller no baño recolle setenta e cinco textos de Manuel Rivas, unidades dese xornalismo intencional que fixa u...
    No disponible

    19,50 €

  • A miña man na túa
    Titulo del libro
    A miña man na túa
    Landa Etxebeste, Mariasun
    Xerais
    O protagonista e narrador desta novela é Xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. Un día decide fuxir da s...
    No disponible

    7,60 €

  • A CIENCIA DO DÍA A DÍAS
    Titulo del libro
    A CIENCIA DO DÍA A DÍAS
    AA.VV
    Xerais
    Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o m...
    No disponible

    16,95 €

  • Fisterra e Costa da Morte
    Titulo del libro
    Fisterra e Costa da Morte
     
    Xerais
    No disponible

    13,60 €