Irmán Rei Artur

Irmán Rei Artur

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026069
Materia
INFANTIL: DE 10 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-8302-606-9
Páginas:
160
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella  historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo  e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El  descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese  a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que  Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Fuxidos de sona
    Titulo del libro
    Fuxidos de sona
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, ...
    No disponible

    15,50 €

  • Xentiario
    Titulo del libro
    Xentiario
    G. Reigosa, Carlos
    Galaxia
    Seres perdidos, extraviados, que chamaron a súa porta -e que agora chaman a do lector- porque queren existir n...
    No disponible
  • SECRETOS DE BRETAÑA
    Titulo del libro
    SECRETOS DE BRETAÑA
    Reigosa, Carlos
    Harper collins iberica
    Todo lo que allí sucede tiene explicaciones mágicas que remiten sus responsabilidades al trasmundo. Hasta que...
    No disponible
  • Laxeiro por si mesmo
    Titulo del libro
    Laxeiro por si mesmo
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras...
    No disponible

    22,95 €

  • HEMINGWAY DESDE ESPAÑA
    Antiguo
    Titulo del libro
    HEMINGWAY DESDE ESPAÑA
    Nº 53
    REIGOSA, CARLOS
    Visor libros
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,62 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Historia da chuvia que cae todos os días
    Titulo del libro
    Historia da chuvia que cae todos os días
    Salgueiro, Roberto
    Xerais
    Nun espazo pechado dous personaxes espidos descobren a súa violencia. Un pai e un fillo, sen poesía, sen ador...
    No disponible

    14,00 €

  • Alcatrán
    Titulo del libro
    Alcatrán
    Abalde Covelo, Marcos
    Xerais
    «Alcatrán» reconstrúe unha historia calada. Sela un pacto entre xeracións. Indaga nunha lingua fesa que d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • A voda
    Titulo del libro
    A voda
    McCullers, Carson
    Xerais
    En "A voda", McCullers aborda o paralelismo entre as concepcións sociais estereotipadas sobre o xénero e a op...
    No disponible

    18,50 €

  • ¿U-la neve?
    Titulo del libro
    ¿U-la neve?
    Max
    Xerais
    No disponible

    6,70 €

  • Eu son eu
    Titulo del libro
    Eu son eu
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    A bisavoa non ve ben, non lembra nada, non recoñece a ninguén. Pero polo menos sabe que eu son eu. A nov...
    No disponible

    6,80 €