Manu Chao

Manu Chao. Música e liberdade

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027257
Año de edición:
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8302-725-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

21,75 €

IVA incluido

Segundo Eduardo Galeano, Manu Chao. Música e liberdade, do xornalista musical italiano Alessandro Robecchi, "non é unha biografía dun rock star pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senón máis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor deste libro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanos a voar".Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao  dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta de Mano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia do Expreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter no verdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seu camiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus  discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súas estancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunha traxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de  Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súas cancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo.Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra de Manu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo  Souto, "Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras", descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra  e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, a participación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago, no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista  Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, "Ciao, Manu", no que revive a  última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de 2001, "unha festa realmente global", e no que valora o papel da proposta musical de Manu Chao na sociedade actual.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Manu Chao
    Titulo del libro
    Manu Chao
    Robecchi,Alessandro
    Mondadori
    No disponible

    14,00 €

  • ÈSTA NO ES UNA CANCIÓN DE AMOR
    Titulo del libro
    ÈSTA NO ES UNA CANCIÓN DE AMOR
    Robecchi, Alessandro
    Salamandra
    Volcado en exhibir los disparates e indignidades que la gente normal es capaz de hacer por amor, Carlo Monteros...
    No disponible

Materia en Libreria Didot

  • DON JUAN DE BORBON
    Antiguo
    Titulo del libro
    DON JUAN DE BORBON
    VIDAL SALES, JOSE ANTONIO
    Editorial mitre
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,21 €

  • Hitler.
    Titulo del libro
    Hitler.
    Kershaw, Ian
    Peninsula
    No disponible

    23,74 €

  • Gabriel miro
    Titulo del libro
    Gabriel miro
    Nº 76
    Barbero, Teresa
    Espasa calpe
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • NATALIA LOPEZ MORATALLA. PERSONA Y OBRA
    Titulo del libro
    NATALIA LOPEZ MORATALLA. PERSONA Y OBRA
    ALVIRA RODRIGUEZ, RAFAEL
    Ideas y libros ediciones
    Natalia López Moratalla ha sido catedrática de Bioquímica y Biología Molecular en las universidades de Barc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,00 €

  • JANE FONDA
    Antiguo
    Titulo del libro
    JANE FONDA
    DAVIDSON, BILL
    Ediciones b
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,36 €

Xerais en Libreria Didot