María das Batallas

María das Batallas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471541147
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-114-7
Páginas:
306
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.Titulares de prensaMARIA DAS BATALLASA Coruña como esceario e María Pita como protagonista. Con tales ingredentes o resultado era previsible: Alfredo Conde ofrécenos unha das súas mellores novelas. Un narrador consagrado que en palabras de Víctor Freixanes, "segue a medrar". María Pita é un personaxe simbólico, cunha gran potencialidade en si mesma, sen embargo Conde non segue a dimensión romántica máis celebrada e, por tanto, esperable. Desce a detalles máis pragmáticos: refire os numerosísimos pleitos que sostivo  ao longo da súa vida e os intereses non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr de El Rei a franquicia para comerciar co vinho de Porto, cousas que non lle foron concedidas. Aínda que a figura da heroína concentre o nó da novela, Alfredo Conde non se limita a María Pita e ao seu contorno senón recupera o tempo e a época histórica con toda a complexidade de acontecementos, intrigas e situacións, con relevancia especial da Pescadería, onde se desenvolven os feitos.A habelencia narrativa de Conde déixase ver no orixinal prantexamento, na estructura da novela, na pluralidade de rexistros estilísticos e na atinada documentación que sendo fiel e obxectiva non resulta exhaustiva nin abufante. Estamos ante unha obra de ficción, non ante un ensaio. En ocasiones é dificil substraerse á tentación de utilizar aqueles datos dos que se dispoñen e que foron recabados mediante unha ardua laboura de investigación. Pero así é a arte da escrita, na que non hai números neutros: o que non suma, resta. "Arte de non escribir o que sobre...",  como ben recordou o catedrático Paz Gago ao analizar polo miúdo da obra.María das Batallas é unha novela histórica, unha aportación máis a un xénero de actualidade que ten ofrecido espléndidos resultados no caso, por exemplo, de Eco ou de Yourcenar. Mais é tamén unha novela de  intriga. O autor consegue ternos presos do desenlace desa manobra na que un exército de vinte mil homes se prepara para a invasión da cidade. Encetan a xeira con éxito notorio, xa que no primeiro día matan medio milleiro de coruñeses. A vista disto, os sitiados acordan refuxiarse na cidade alta para acorazarse e resistir. Cando os ingleses, convencidos da súa superioridade, tratan de vencer as últimas resistencias procedendo ao asalto final, xorde a figura de María Pita nun coñecido lance, que ten tanto de xenreira e de desesperación como de heroismo.A nivel estilístico atopámonos con tres  narradores, que nos permiten coñecer desde "dentro" os sucesos, o criterio e as versións dos protagonistas do drama. Dunha banda está a filla de María Pita, doutra o curmán de Francis Drake, aos que cómpre engadir o narrador omnisciente, o capitán Varela. O espírito do relato  trata de ser fiel á realidade histórica e á persoalidade de María Pita. Outramente, Conde eleva á categoría de protagonista á propia cidade, en concreto á Pescadería, lugar de confluencia que representa a puxanza económica; a forza mariñeira e popular da cidade baixa.María  das Batallas destaca tamén pola viveza dos persoaxes, cunha gran dose  de realismo e credibilidade. Relevancia especial teñen as mulleres. Mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade.Xulio VarcárcelDomingo 9 de setembro de 2007El Ideal Gallego

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Música sacra
    Antiguo
    Titulo del libro
    Música sacra
    Nº 80
    Conde Cid, Alfredo
    Editorial galaxia
    Os nove relatos deste libro están firmados en diferentes cidades: A Habana, Roma, Xenebra, Nova Iork, Aix-en-P...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,50 €

  • UN VENTO QUE PASA
    Titulo del libro
    UN VENTO QUE PASA
    Nº 393
    Conde, Alfredo
    Galaxia
    Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasa...
    No disponible
  • ELISA
    Titulo del libro
    ELISA
    CONDE, ALFREDO
    Mira ed
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    10,00 €

  • Breixo
    Antiguo
    Titulo del libro
    Breixo
    Nº 83
    Conde Cid, Alfredo
    Editorial galaxia
    Unha novela na que Alfredo Conde trata, unha vez máis, un dos temas recorrentes da súa obra narrativa: a dif...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,45 €

  • PEREGRINO EN INVIERNO
    Titulo del libro
    PEREGRINO EN INVIERNO
    CONDE, ALFREDO
    Edhasa
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    5,00 €

Materia en Libreria Didot

Galaxia en Libreria Didot

  • A colección fraseolóxica de Vicente Risco
    Titulo del libro
    A colección fraseolóxica de Vicente Risco
    Nº 1
    EDIC.XOSE MARIA GOMEZ CLEMENTE
    Galaxia
    Neste libro preséntanse un conxunto de refráns, locucións e fórmulas que forman parte da documentación in...
    No disponible
  • S.o.s
    Titulo del libro
    S.o.s
    Carballude Blanco, Pepe
    Galaxia
    Esta novela está construída a partir duns feitos reais. Paralela á historia da catástrofe, o autor sitúa a...
    No disponible
  • O galeón das Illas Cíes
    Titulo del libro
    O galeón das Illas Cíes
    Lorman, Josep
    Galaxia
    Un barco tripulado por un equipo de arqueólogos e submarinistas parte de Barcelona rumbo á ría de Vigo. A s...
    No disponible
  • Todas as cores do amor
    Titulo del libro
    Todas as cores do amor
    Nº 140
    Castellvi Miquel, Alba
    Galaxia
    Alguén se move baixo as árbores da praza... Clara achégase e coñece a unha pintora estrafalaria de quen des...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €

  • UN VENTO QUE PASA
    Titulo del libro
    UN VENTO QUE PASA
    Nº 393
    Conde, Alfredo
    Galaxia
    Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasa...
    No disponible