Materia prima

Materia prima

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028407
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-840-7
Páginas:
272
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,85 €

IVA incluido

Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea. Este é o seu estado actual, unha importante aproximación antologada e prologada polos críticos literarios Ramón Nicolás e Armando Requeixo. Son, todos, relatos inéditos de autores e autoras de recoñecido prestixio, dezasete relatos escritos especialmente para a ocasión, boa materia prima transformada en ricaz expresión dun tesouro creativo do noso presente e do porvir literario máis inmediato. Unha antoloxía da narrativa galega do século XXI que convida soñar e que confirma a vizosidade e vitalidade desta nosa República das Letras.O obxectivo do presente volume é ofrecer aos lectores galegos unha antoloxía epocal da mellor narrativa curta galega daqueles autores que publicaron unha parte substantiva da súa mellor producción xa na pasada década: "O coitelo en novembro " (Marilar Aleixandre), "o día das torres" (Fran Alonso), "O cura de Fruíme" (Anxo Angueira), "Pena dos Anacares" (Xurxo Borrazás), "Tombstone Blues (Xosé Carlos Caneiro), "Confesións dun asasino criminal (Cid Cabido), "Hotel Arriaga" (Bieito Iglesias), "Un cabaleiro de aire soña" (Ramón Loureiro), "Tarxete vermella" (Xosé Miranda), "Os outros" (Miguel-Anxo Murado), "A illa dos lemures (Xavier Queipo), "Báñate comigo (teoría e práctica)" (Luís Rei Núñez),  "Idaciano F.C." (Antón Riveiro Coello), "A voda máis bonita do mundo"  (Xurxo Souto), "A roupa alí tirada" (Suso de Toro), "Ama de chaves" (Xesús Manuel Valcçarcel) e "Máis alá das raíces" (Luísa Villalta). Cada un dos textos vai precedido por unha ampla ficha bibliográfica de  cada un dos autores e autoras. O resultado é un volume singular que reflicte a vitalidade e diversidade amosada pola narrativa galega nos últimos anos: dende a súa orixinalidade e apertura temática, a peculiar e diversa forma de entender a comunicación literaria de cada un deles, ata a influencia do mundo audiovisual, na súa maior parte.

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Dietario pel 2006
    Titulo del libro
    Dietario pel 2006
     
    Xerais
    No disponible

    59,77 €

  • A señorita Bubble baixo cero
    Titulo del libro
    A señorita Bubble baixo cero
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petar...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • Axenda dietario 2008.vanol
    Titulo del libro
    Axenda dietario 2008.vanol
     
    Xerais
    No disponible

    15,13 €

  • Unha saca de patacas
    Titulo del libro
    Unha saca de patacas
    Coimbra, Francisco
    Xerais
    Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e léva...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • Xosé Filgueira Valverde
    Titulo del libro
    Xosé Filgueira Valverde
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    E esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos,...
    No disponible