Nacionalismo, liberalismo e outros temas
 IBD

Nacionalismo, liberalismo e outros temas

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875956
Materia
POLITICA
ISBN:
978-84-8487-595-6
Páginas:
244
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante do século XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importante crítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e  un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da  súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneira preferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, sen esquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep  Pla...

Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importancia políticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición -e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos- continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma  Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitos individuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradicións da sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española». 

Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laiovento quere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos  do seu nacemento

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Laiovento (ibd) en Libreria Didot

  • O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
     IBD
    Titulo del libro
    O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
    José Rodríguez Cruz
    Laiovento (ibd)
    Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
     IBD
    Titulo del libro
    O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
    Nº 448
    Lison, Richard de
    Laiovento (ibd)
    Tradución, introdución e notas de Herique Harguindey Banet-O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Re...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Partituras
     IBD
    Titulo del libro
    Partituras
    X.C.Domínguez Alberte e Mercedes Queixa
    Laiovento (ibd)
    Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, en...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €

  • CONTRA(DE)CADENCIA
     IBD
    Titulo del libro
    CONTRA(DE)CADENCIA
    Paco Yañez
    Laiovento (ibd)
    penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria(non necesaria-mente como novela, senón como algunha sor...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
     IBD
    Titulo del libro
    O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
    Xosé M. Carril - Bernardo Valdês (Coor
    Laiovento (ibd)
    Os acordos da Organización Mundial do Comercio e os Tratados de LibreComercio bilaterais ou rexionais responde...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,64 €