Narcos

Narcos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026298
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páginas:
352
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco)  e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste  labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que  se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Os vagalumes de Marí
    Titulo del libro
    Os vagalumes de Marí
    Míguez, Alba
    Xerais
    Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando...
    No disponible

    13,95 €

  • Así é, se vos parece
    Titulo del libro
    Así é, se vos parece
    Pirandello, Luigi
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • Guía práctica do Camiño Francés
    Titulo del libro
    Guía práctica do Camiño Francés
    Pombo Rodríguez, Antón
    Xerais
    Este libro céntrase na última parte do Camiño Francés, a máis coñecida  e transitada das vías xacobeas.O...
    No disponible

    28,80 €

  • (G).11.PROBLEMAS MUNDO ACTUAL/CAD.HISTORIA XER
    Titulo del libro
    (G).11.PROBLEMAS MUNDO ACTUAL/CAD.HISTORIA XER
     
    Xerais
    No disponible

    8,00 €

  • PIONEIRAS
    Titulo del libro
    PIONEIRAS
    Rodríguez Rodríguez, Anaír
    Xerais
    Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou di...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,50 €