No ventre do silencio

No ventre do silencio

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023693
ISBN:
978-84-8302-369-3
Páginas:
192
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

20,50 €

IVA incluido
Comprar

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do  autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: "Cada xeración deberá fabricar a súa cidade" (Antonio Sant´Elia) , "Permitín á cidade  entrar na miña mente" (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro "Troianos Redivivos" (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha  novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do  silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Amor de Artur
    Titulo del libro
    Amor de Artur
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    No disponible

    13,75 €

  • Arnoia, Arnoia
    Antiguo
    Titulo del libro
    Arnoia, Arnoia
    Nº 33
    Méndez Ferrín, X. L.
    Anaya
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Bretaña, Esmeraldina
    Titulo del libro
    Bretaña, Esmeraldina
    Méndez Ferrín, Xosé Lois
    Xerais
    No disponible

    11,85 €

  • Arraianos
    Titulo del libro
    Arraianos
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, c...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos
    Titulo del libro
    Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e div...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    34,50 €

Xerais en Libreria Didot

  • Enderezo descoñecido
    Titulo del libro
    Enderezo descoñecido
    Taylor, Kressman
    Xerais
    "Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de ar...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Noa e a cidade sen maxia
    Titulo del libro
    Noa e a cidade sen maxia
    Nº 03
    Roa, Angie
    Xerais
    Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • LINGUA GALEGA 1º.ESO (SECUNDARIA)
    Titulo del libro
    LINGUA GALEGA 1º.ESO (SECUNDARIA)
     
    Xerais
    No disponible

    19,20 €

  • Golpes de luz
    Titulo del libro
    Golpes de luz
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co  seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €

  • 5.IMPACTO GUERRA GRANDE/CAD.HISTORIA XERCOM
    Titulo del libro
    5.IMPACTO GUERRA GRANDE/CAD.HISTORIA XERCOM
    GRUPO GANDARA
    Xerais
    No disponible

    5,00 €