Non sei cando nos veremos

Non sei cando nos veremos

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482888033
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-803-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

O protagonista da novela é quen conta a súa propia historia, unha vida  na que plenitude e desengano, fracaso e ilusión aparecen mesturados inextricablemente. Desde o cárcere, e cun ton directo que non quere disimular nin agachar nada, o narrador confésalle a súa filla unha realidade persoal que, comezando polos anos de estudante nun colexio de relixiosos e despois como universitario en Compostela, chega aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. A vida e a morte como expresión dunha mesma experiencia, como dúas facianas dunha  mesma realidade na que a vivencia espida e sen límites dos praceres da carne vai parella á da extición e a tortura. Rei Ballesteros fai convivir o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador co tempo como destrutor, así logra transmitir ao lector a intensidade dunha existencia convulsa. Non sei cando nos veremos é unha novela que seduce e fai vibrar, narrada cunha habelencia literaria que non abafa a lectura e aliméntase dun pensamento inquisitivo e irreverente que se expresa a través do relato sen chegar  a substituílo. Equilibrio na forma narrativa e intensidade no mundo que se expresa a través dela son as características que sinalan esta novela como a obra dun grande escritor.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Loaira
    Titulo del libro
    Loaira
    Rei Ballesteros, Anxo A.
    Galaxia
    Esta novela de lectura independente está intimamente emparentada con Dos anxos e dos mortos, pois os seus prot...
    No disponible

    31,75 €

  • Presenza dunha ausencia
    Titulo del libro
    Presenza dunha ausencia
    Nº 7
    Rei Ballesteros, Anxo A.
    Axouxere
    No disponible
  • Loaira
     IBD
    Titulo del libro
    Loaira
    Anxo A. Rei Ballesteros
    Laiovento (ibd)
    Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente polí...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • A dificultade de falar. Artigos e ensaios
    Titulo del libro
    A dificultade de falar. Artigos e ensaios
    Nº 4
    Rei Ballesteros, Anxo A.
    Galaxia
    O pensador e autor de Tempo e vinganza e o novelista que deu ao prelo Non sei cando nos veremos cadran nestes e...
    No disponible
  • DEZANOVE BADALADAS
    Titulo del libro
    DEZANOVE BADALADAS
    Nº 3
    Rei Ballesteros, Anxo A.
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,05 €

Materia en Libreria Didot

Galaxia en Libreria Didot

  • Olympia ring, 1934
    Titulo del libro
    Olympia ring, 1934
    Nº 327
    López López, Xabier
    Galaxia
    O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundi...
    No disponible
  • O principiño
    Titulo del libro
    O principiño
    Saint-Exupèry, Antoine de
    Galaxia
    No disponible

    10,50 €

  • Un baño de gargalladas
    Titulo del libro
    Un baño de gargalladas
    Llorente, Rosa
    Galaxia
    A súa nai e o seu pai non o levan nada ben. Pero eles saben como facer  para que a pequecha entenda que a auga...
    No disponible
  • Un pozo moi fondo
    Titulo del libro
    Un pozo moi fondo
    Iglesias Diz, José Luis
    Galaxia
    Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios dentes, para saber ...
    No disponible
  • A forma de Célebes
    Titulo del libro
    A forma de Célebes
    Nº 430
    Méndez, Iago
    Galaxia
    A finais dos anos noventa, Carmiña e Anselmo regresan a terras galegas  para pasar unha xubilación sen sobres...
    No disponible