O atentado

O atentado

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023945
ISBN:
978-84-8302-394-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVA incluido

En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de épocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso.O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada.O atentado é unha historia de morte e amor, na que Fernández Ferreiro confesa que hai moito de si mesmo, constituíndo unha grande homenaxe a súa aldea perdida. Tecida plano a plano, é un dos froitos máis logrados da artesanía literaria deste grande novelista labrego e afiador.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • O último paraiso
    Titulo del libro
    O último paraiso
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Espiral maior, s.l.
    No disponible
  • Tempo de centeo
    Titulo del libro
    Tempo de centeo
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro, que con tanto acerto narrou a traxedia dos paseos e dos fuxidos galegos, ofrécenos ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €

  • A Ceo Aberto
    Titulo del libro
    A Ceo Aberto
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Do castro
    No disponible

    4,00 €

  • De Xente Nova a Brais Pinto
    Titulo del libro
    De Xente Nova a Brais Pinto
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • Ulcis
    Titulo del libro
    Ulcis
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre  1958 e 1963 e traballou nel ao longo...
    No disponible

Xerais en Libreria Didot