O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411101196
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-11-10119-6
Páginas:
768
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

27,90 €

IVA incluido
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que  perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo  de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro  para a lingua que nos une.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Guía das plantas de Galicia
    Titulo del libro
    Guía das plantas de Galicia
    García, Xosé R.
    Xerais
    A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible...
    No disponible

    50,95 €

  • A Barcelonesa
    Titulo del libro
    A Barcelonesa
    Paz, Xabier
    Xerais
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable,  que liga a montaña luguesa coa Haba...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • Brandón, fillo de Ferreol
    Titulo del libro
    Brandón, fillo de Ferreol
    González Boullosa, Palmira
    Xerais
    Esta novela, a segunda dunha triloxia, estructúrase en dúas partes. Na  primeira, coñecémo-la historia de F...
    No disponible

    8,90 €

  • E logo, temos razóns para ser nacionalistas?
    Titulo del libro
    E logo, temos razóns para ser nacionalistas?
    Nº 6
    Del Bosque Zapata, Henrique
    Xerais
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende  unha serie de bens que son fundamentai...
    No disponible

    10,30 €

  • As de bolboreta
    Titulo del libro
    As de bolboreta
    Aneiros Díaz, Rosa
    Xerais
    Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de b...
    No disponible

    13,00 €