O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

9,80 €

IVA incluido

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • ¿Serán os cisnes que volven?
    Titulo del libro
    ¿Serán os cisnes que volven?
    Pexegueiro, Alfonso
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • Sherlock Holmes, detective
    Titulo del libro
    Sherlock Holmes, detective
    Nº 13
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    Sherlock Holmes, detective reúne cinco relatos protagonizados polo agudo detective de Baker Street e o seu ami...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • (G).(07).FISICA E QUIMICA 3º.ESO
    Titulo del libro
    (G).(07).FISICA E QUIMICA 3º.ESO
    Torres Verdugo, Pastora M. / Jiménez Prieto, Rafael
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • A memoria de Mondariz-Balneario
    Titulo del libro
    A memoria de Mondariz-Balneario
    Díaz Martínez, Carlos;Bragado Rodríguez, Manuel;Álvarez Limeses, Xerardo
    Xerais
    O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle ca...
    No disponible

    9,90 €

  • O asasino estrábico
    Titulo del libro
    O asasino estrábico
    Quintela, Anxo
    Xerais
    O asasino estrábico ve dobre e leva unha dobre vida. Os rastros das combinacións entre vidas e olIadas aparec...
    No disponible

    14,05 €