O valor do envoltorio

O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826471
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-647-1
Páginas:
464
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
131
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

25,60 €

IVA incluido

Este libro está dirixido a todas aquelas persoas que se preguntan como  mellorar a educación coa mirada posta nas transformacións das TIC (ordenadores, equipos multimedia de CD-ROM, Internet, televisión dixital, tecnoloxía móbil...), tan omnipresentes en todos os ámbitos da nosa vida cotiá. A escola enfróntase na actualidade de maneira irreversible, aos retos de incorporación e apropiación das TIC; un dos principais é, sen dúbida, atopar o seu lugar nese proceso en función dos seus propios intereses educativos. Facelo require dun modelo no que teñan acomodo os patróns culturais cos que se socializan a infancia e a mocidade, favorecendo competencias culturais para comprender e utilizar os recursos expresivos das TIC e interpretar os seus discursos en clave sociopolítica. En definitiva, un compromiso cos niveis máis altos para  todos os cidadáns no acceso á sociedade do coñecemento. Hoxe hai máis xente que accede á educación pero, ao tempo, aumenta a disparidade entre aqueles que gozan dunha cualificación suficiente para o mercado de traballo e os que quedan á marxe. O mundo en que vivimos ofrece máis e mellores opcións, pero tamén entraña maiores riscos e incertezas. O fundamental é a capacidade humana para xerar e utilizar o coñecemento de modo eficaz e intelixente sobre unha base en  continua transformación. Nada mellor para iso que a educación e formación permanentes. Este libro quere ser así un canto ao valor da aprendizaxe como principio educativo e, de maneira especial, a quen o fai posible: as institucións educativas e o profesorado.

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • (04).TRASNOS MAXICOS 5 ANOS-1O.TRIMESTRE
    Titulo del libro
    (04).TRASNOS MAXICOS 5 ANOS-1O.TRIMESTRE
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    29,15 €

  • Rosalía de Castro. Antoloxía
    Titulo del libro
    Rosalía de Castro. Antoloxía
    Castro, Rosalía de
    Xerais
    A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacio...
    No disponible

    31,50 €

  • Ó outro lado do sumidoiro
    Titulo del libro
    Ó outro lado do sumidoiro
    Neira Cruz, Xosé A.
    Xerais
    Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas " gafas de realidade...
    No disponible

    9,50 €

  • Miñoca e pega
    Titulo del libro
    Miñoca e pega
    D. Veiga, Ramón
    Xerais
    Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Hordas de escritura
    Titulo del libro
    Hordas de escritura
    Pato, Chus
    Xerais
    Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamé...
    No disponible

    15,95 €