O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

19,50 €

IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • O ladrón de esperma
    Titulo del libro
    O ladrón de esperma
    Queipo, Xavier
    Xerais
    O ladrón de esperma está constituído por cinco relatos de marcado carácter experimental e variado rexistro,...
    No disponible

    14,00 €

  • A cociña galega de montaña
    Titulo del libro
    A cociña galega de montaña
    Gallego, Gloria
    Xerais
    Un clima frío e duro casé elimina a diferenciación entre os pratos nunha zona en que se adoita tomar doces c...
    No disponible

    15,80 €

  • A cadencia da fractura
    Titulo del libro
    A cadencia da fractura
    Nº 51
    Xubín, Isaac
    Xerais
    O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado...
    No disponible
  • Lingua e literatura 1ºESO
    Titulo del libro
    Lingua e literatura 1ºESO
    Iglesias Álvarez, Ana
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería

  • O tempo dun salaio
    Titulo del libro
    O tempo dun salaio
    PHILIPE, ANNE
    Xerais
    No disponible

    10,95 €