Orión é o can de Isidro, un músico da rúa. Un día este enferma, e como non pode quedar no hospital con el, ten que fuxir ao bosque para evitar que o leven a unha canceira. Alí vai descubrir por azar as caixas que un mago deixou agochadas, e que os animais do bosque comezan a utilizar para montar espectáculos entre eles. Ata que se enteran de que o mago precisa encontrar eses materiais para vencer ao seu inimigo Tebro...