Que lle podo ofrecer a quen me intente?

Que lle podo ofrecer a quen me intente?. Monográfico lois pereiro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499142838
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9914-283-8
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

19,50 €

IVA incluido

Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo e análise do autor  ou autora ó que se dedica esta celebración. A figura de Lois Pereiro,  que protagoniza este 2011, é pois quen centra esta primeira entrega. Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos. Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu  tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • A señorita Bubble
    Titulo del libro
    A señorita Bubble
    Costas, Ledicia
    Xerais
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • Como unha novela
    Titulo del libro
    Como unha novela
    Pennac, Daniel
    Xerais
    Un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entre pedagogos e ensinantes, un punto de vis...
    No disponible

    12,65 €

  • A integración europea
    Titulo del libro
    A integración europea
    Pardellas de Blas, Xulio (Coor
    Xerais
    En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de i...
    No disponible

    16,00 €

  • Guía das plantas de Galicia
    Titulo del libro
    Guía das plantas de Galicia
    García, Xosé Ramón
    Xerais
    A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    55,95 €

  • Figuras da nación
    Titulo del libro
    Figuras da nación
    Villares, Ramón
    Xerais
    Figuras da Nación reune doce ensaios relativos case todos, á historia cultural e política da Galicia contemp...
    No disponible

    16,40 €