Ten o seu punto a fresca rosa

Ten o seu punto a fresca rosa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025338
ISBN:
978-84-8302-533-8
Páginas:
296
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVA incluido

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres:  Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e  pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título  tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel  dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • O Segredo da Pedra Figueira
    Titulo del libro
    O Segredo da Pedra Figueira
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala  desde a illa de Rocasul cara ao Sur. N...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • Cólera
    Titulo del libro
    Cólera
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde...
    No disponible
  • Son noxento
    Titulo del libro
    Son noxento
    Nº 372
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • A orella no buraco
    Titulo del libro
    A orella no buraco
    Queizán Vilas, María Xosé
    Galaxia
    A orella no buraco é o relato do vagar dun personaxe marxinal por unha  cidade europea. Pero ademais diso é u...
    No disponible

    9,80 €

  • Despertar das amantes
    Titulo del libro
    Despertar das amantes
    Queizán, María Xosé
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

Xerais en Libreria Didot

  • Contra Rochester
    Titulo del libro
    Contra Rochester
    Sánchez Moreiras, Miriam
    Xerais
    Novamente a escritura exorciza o baleiro (perda, soidade, sensentido) na procura dunha restitución. De aí a i...
    No disponible

    15,95 €

  • Guía Medieval do Peregrino
    Titulo del libro
    Guía Medieval do Peregrino
    López Pereira, Xosé Eduardo
    Xerais
    No disponible

    14,45 €

  • (cd).cancion corcerto (v.1).antoloxia
    Titulo del libro
    (cd).cancion corcerto (v.1).antoloxia
     
    Xerais
    No disponible

    19,55 €

  • Males de cabeza
    Titulo del libro
    Males de cabeza
    Alonso, Fran
    Xerais
    Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • (01).HA.FILOSOFIA 2º.BACHARELATO XERF
    Titulo del libro
    (01).HA.FILOSOFIA 2º.BACHARELATO XERF
    Currais Porrúa, Xoán
    Xerais
    No disponible

    26,00 €