UN MUNDO DE PALABRAS

UN MUNDO DE PALABRAS

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491212348
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9121-234-8
Páginas:
160
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRóNICA

" Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.
 Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que  foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións de signo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súa importancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre.  Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as  estratexias de animación, achegando as súas propias propostas.
 Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de Agustín Fernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado  dun lector e dun creador inesquecible.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • No corazon do bosque (Gallego)
    Titulo del libro
    No corazon do bosque (Gallego)
    Fernández Paz, Agustín
    Anaya
    No disponible

    8,20 €

  • Lo único que queda es el amor
    Titulo del libro
    Lo único que queda es el amor
    Fernández Paz, Agustín
    Anaya
    Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... Todos los personajes han experimentado estar enamorados alguna vez en su ...
    No disponible

    14,50 €

  • La escuela de los piratas
    Titulo del libro
    La escuela de los piratas
    Agustín Fernández Paz
    Edebe
    De repente, se escuchó un ruido sordo. Un sonido grave, profundo y prolongado, que consiguió imponerse al est...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €

  • Desde unha estrela distante
    Titulo del libro
    Desde unha estrela distante
    Nº 48
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa  súa familia a unha nova cidade. Unh...
    No disponible
  • Rapazas
    Titulo del libro
    Rapazas
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    8,40 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot