Un pintor que sabía o que facía.
 IBD

Un pintor que sabía o que facía.

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873068
Año de edición:
Materia
PINTURA, ESCULTURA, DANZA Y TEATRO
ISBN:
978-84-8487-306-8
Páginas:
100
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Un pintor que sabía o que facía.
Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.


Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos
da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910  - A Coruña, 1979).
Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como  o estilo creado e
desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun
traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade
internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura
profundamente galega, e que se  sitúa fortemente inserida nos valores
da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.

En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores
galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos  impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.

Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha
elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización
das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de
cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.

Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura,
o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos
máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

Laiovento (ibd) en Libreria Didot

  • (G) CARTAS DESDE A CADEA
     IBD
    Titulo del libro
    (G) CARTAS DESDE A CADEA
    Luxemburg, Rosa
    Laiovento (ibd)
    Rosa Luxemburg (1871-1919), destacada figura do marxismo e do antimilitarismo, escribiu durante o seu encarcera...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,92 €

  • Cartas na memoria. Apersecución franquista Val Miñor
     IBD
    Titulo del libro
    Cartas na memoria. Apersecución franquista Val Miñor
    Carlos Méixome
    Laiovento (ibd)
    CATAS NA MEMORIAA persecución franquista no Val de MiñorDurante anos a memoria, como un fío de Ariadna, ando...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • RETRATO DO COLONIZADO
     IBD
    Titulo del libro
    RETRATO DO COLONIZADO
    Albert Memmi
    Laiovento (ibd)
    RETRATO DO COLONIZADO precedido do RETRATO DO COLONIZADORA Editorial Laiovento honra-se em dar a conhecer, em g...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • Recompondo un país magoado
     IBD
    Titulo del libro
    Recompondo un país magoado
    Manuel Cabada Castro
    Laiovento (ibd)
    Esta obra contén relatos, propostas, reflexións e denuncias sobre a reivindicación da Galiza, a súa dignida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • O portugués esquecido
     IBD
    Titulo del libro
    O portugués esquecido
    Nº 42
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Laiovento (ibd)
    Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, grama...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    39,95 €