Vigo por Magar II

Vigo por Magar II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822411
Materia
FOTOGRAFIA
ISBN:
978-84-9782-241-1
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
GRANDES OBRAS

39,80 €

IVA incluido

Magar, Manuel García Castro, fotógrafo de "Faro de Vigo", escolmou dos  seus milleiros de negativos, máis de trescentos humildes cartaces en branco e negro, para concentrar nun segundo libro outra memoria das últimas catro décadas da cidade de Vigo. Este segundo volume, dun proxecto máis ambiciosos que iniciara xa xubilado cunha exposición antolóxica e coa edición dun primeiro libro "Vigo por Magar" (Xerais 2002), é unha crónica xornalística inqueda e aguda, como foi sempre o traballo de reporteiro do seu autor. Porque esta é unha síntese histórica vivísima, intensa, ás veces divertida e irónica, outras tráxica e melancólica, dunha cidade que, a pesar de todas as dificultades, soubo sempre atopar unha fenda para a renovación e para o entusiasmo.Cada unha destas fotografías de Magar agocha unha historia secreta que podemos rememorar ou imaxinar. Cada cartaz é un microrrelato visual de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. No libro amósase o esforzo da cidade dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do Berbés, a das tetilleiras da praza, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Así como a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, antigos alumnos, taxistas, bombeiros, policías municipais, candidatas a "Miss Vigo", funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles que frecuentaban as instalacións do Aero Club ou do Real Clube Náutico. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais, os pelotaris do frontón do Carme, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos, os derbis do Gran Peña-Turista, ou do Celta Xuvenil, xermolo do que logo sería o primeiro Celta europeo de xogadores galegos.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Violencia Doméstica. Aspectos Médicos-legales
    Titulo del libro
    Violencia Doméstica. Aspectos Médicos-legales
    García Alvarez, Ciro / Lopez Castro, Rafael / Curiel Lopez De Arcaute, Aitor Manuel
    Univ.valladolid
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    10,40 €

  • Vigo por Magar I
    Titulo del libro
    Vigo por Magar I
    García Castro, Manuel
    Xerais
    Vigo por Magar constitúe unha síntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olívica.Historias de vi...
    No disponible

    39,80 €

  • A Unión Europea
    Titulo del libro
    A Unión Europea
    Pardellas de Blas, Xulio;Domínguez Castro, Luis;García Gestoso, Noemí;González Piñeiro, Manuel
    Xerais
    Coordinado polo profesor Xulio X. Pardellas de Blás o presente volume proporciona arredor de catro grandes ár...
    No disponible

    25,20 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Manual de Lingua Galega I
    Titulo del libro
    Manual de Lingua Galega I
    Granxa González, Xosé Antón;Méndez Álvarez, María Xesús
    Xerais
    O libro estructúrase en seis apartados: I. Fonética e ortografía; II. Determinantes e outras categorías gra...
    No disponible

    20,95 €

  • Cando petan na porta pola noite
    Titulo del libro
    Cando petan na porta pola noite
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. So...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Viaxeiras da auga
    Titulo del libro
    Viaxeiras da auga
    Fernández de la Cigoña, Estanislao
    Xerais
    Son as aves amantes da auga. 156 especies de aves mariñas e acuáticas de Galicia e o norte de Portugal descri...
    No disponible

    23,60 €

  • (G).(02).FILOSOFIA 1º.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(02).FILOSOFIA 1º.BACHARELATO
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    No disponible

    29,60 €

  • AUTOBIOGRAFíA DUN LABREGO
    Titulo del libro
    AUTOBIOGRAFíA DUN LABREGO
    Nº 19
    MARIñO FERRO, XOSé RAMóN
    Xerais
    A " Autobiografía dun labrego " é a narración da vida dun campesiño real feita por el mesmo. Cón...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €