Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páginas:
288
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • Carola, a carteira centola
    Titulo del libro
    Carola, a carteira centola
    Mau
    Xerais
    Carola, a carteira centola, está protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    4,25 €

  • O fantasma da ópera
    Titulo del libro
    O fantasma da ópera
    Leroux, Gaston
    Xerais
    Levada ó cine en diversas ocasións, a novela O fantasma da Opera combina maxistralmente o relato policial e a...
    No disponible

    14,00 €

  • Os peixes de cores
    Titulo del libro
    Os peixes de cores
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    Uli está farto de que seu pai sempre lle diga o mesmo. Sempre o mesmo.  Cada vez que ten un pensamento que o i...
    No disponible

    8,00 €

  • Véndoche un poema
    Titulo del libro
    Véndoche un poema
    Nº 09
    Alonso, Fran
    Xerais
    Teñen algo que ver a poesía e a publicidade A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sor...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • Xenaro e o misterio da mochila verde
    Titulo del libro
    Xenaro e o misterio da mochila verde
    Guerra Cid, Mar
    Xerais
    A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e  ler. Tamén lle gustan os xogos de c...
    No disponible

    13,10 €