Vredaman

Vredaman

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482889245
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8288-924-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

A historia dun neno que pretende acadar a intelixencia e a dos personaxes peculiares e imprevisibles que o rodean fan que en Vredaman  o humor e a sorpresa se combinan nun relato no que imaxinación e pensamento crítico van parellos. O título da novela é a mestura do nome dun dos personaxes de As I lay Dying de William Faulkner, un neno  chamado Vardaman, e do nome do pintor holandés Vredeman de Brie, que tivo un fillo que nunca pintou un cadro orixinal, senón que o único que fixo foi copiar os do seu pai. Unai Elorriaga relata nesta novela a historia de Tomé, un neno que persegue a intelixencia e como, para conseguilo, ten que chegar a aceptar a existencia da morte. A carón do  protagonista, xorden as historias dos membros da súa familia e dos seus amigos: dun avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal  do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun exemplar rarísimo de cabalo do demo azul. A novela ten moito de xogo, pero máis alá do lúdico os lectores e lectoras han gozar coa súa lúcida reflexión sobre os seres humanos. Un relato perfecto que medra en emoción a medida que se aproxima ao final. Vredaman fala, entre outras moitas cousas, sobre a estraña relación entre intelixencia e morte, pero non o fai dun xeito seco e abstracto, senón a través de historias concretas e conmovedoras. Elorriaga, tamén nos fala da interesada utilización de palabras como " triunfador" ou "perdedor"; fálanos desas razóns que, malia non teren sentido, cambian a vida dos seres humanos, case sen que se decaten e, fálanos tamén, dos que pretenden dicir como temos que pensar.

Otros libros del autor en Libreria Didot

Materia en Libreria Didot

  • Los ecos del ayer
    Titulo del libro
    Los ecos del ayer
    Santos, Carmen
    Contraluz editorial
    Durante la cena de Nochebuena de 1970, Emiliano Quesada, un antiguo terrateniente, fallece atragantado mientras...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,95 €

  • La vida es ahora,,,después
    Titulo del libro
    La vida es ahora,,,después
    Ana Belén López
    Raspabook
    Historias de amor, desamor, ironía y humor que se entremezclan en trazos en blanco y negro, así es el libro d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,96 €

  • El espejo negro
    Titulo del libro
    El espejo negro
    Domingo Álvaro, Alfonso
    Algaida
    Jerónimo Díaz, un joven pintor anarquista exiliado al final de la guerra civil, recibe el encargo de copiar u...
    No disponible

    5,95 €

  • Toda la verdad
    Titulo del libro
    Toda la verdad
    Baldacci, David
    Zeta bolsillo
    Un vídeo colgado en Internet certifica que Konstantin, un joven ruso, ha sido torturado y ejecutado por el gob...
    No disponible

    6,95 €

  • El jove Porcel
    Titulo del libro
    El jove Porcel
    Vila-Sanjuán, Sergio
    Edicions 62
    Entre 1960 i 1970, el jove Porcel protagonitza una ascensió mete.rica i sense precedents en el món cultural c...
    No disponible

Galaxia en Libreria Didot