Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páginas:
696
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVA incluido

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Libreria Didot

  • MÁIS QUE VER
    Titulo del libro
    MÁIS QUE VER
    Barro, Pepe
    Xerais
    Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • Cairo branco
    Titulo del libro
    Cairo branco
    London, Jack
    Xerais
    Cairo Branco relata as aventuras dun lobicán, ese animal medio lobo medio can, co seu espertar á vida e os se...
    No disponible

    12,15 €

  • Arredor da verdade
    Titulo del libro
    Arredor da verdade
    Domínguez, Guillermo
    Xerais
    o autor presenta, modestamente, este breve ensaio como unha «miscelánea de comentarios». E, en efecto, na s...
    No disponible

    15,80 €

  • O VOLFRAMIO EN VARILONGO
    Titulo del libro
    O VOLFRAMIO EN VARILONGO
    BLANCO RAMOS, CARMEN
    Xerais
    O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra...
    No disponible

    19,50 €

  • CALENDARIO XERAIS 2019
    Titulo del libro
    CALENDARIO XERAIS 2019
    Suárez, José
    Xerais
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que  inclúe festivos e fases da lúa) con ...
    No disponible

    12,50 €