Teoría do caos

Teoría do caos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026946
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-694-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: "deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar  a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda". Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o  alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso  que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio " O Roxo", o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón  un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha  actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón  na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso.Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

Otros libros del autor en Libreria Didot

  • Rúa Carbón
    Titulo del libro
    Rúa Carbón
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa n...
    No disponible

    12,00 €

  • O anano máis alto conta a historia de brancaneves
    Titulo del libro
    O anano máis alto conta a historia de brancaneves
    Nº 7
    Marilar Aleixandre
    Rodeira
    Será difícil que me creades. Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado a xente c...
    No disponible

    9,95 €

  • Tránsito dos gramáticos
    Titulo del libro
    Tránsito dos gramáticos
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Fóra da rúa principal a Alxama era un fedorento dédalo de quellas envoltas na tebra, nas que cabía escoller...
    No disponible

    13,35 €

  • Mudanzas
    Titulo del libro
    Mudanzas
    Jiménez Aleixandre, Marilar
    Pen clube de galicia
    No disponible
  • Unha presa de terra
    Titulo del libro
    Unha presa de terra
    Aleixandre. Ilustracións, Marilar
    Ir indo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,42 €

Materia en Libreria Didot

Xerais en Libreria Didot

  • A Barcelonesa
    Titulo del libro
    A Barcelonesa
    Paz, Xabier
    Xerais
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable,  que liga a montaña luguesa coa Haba...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • O lago de Como
    Titulo del libro
    O lago de Como
    Chao, Ramón
    Xerais
    Celso Veiga, que rexe unha fonda en Reigada, decide que o máis novo dos seus fillos sexa pianista de sona inte...
    No disponible

    25,75 €

  • O atentado
    Titulo del libro
    O atentado
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no cora...
    No disponible

    16,65 €

  • Amaranta, a carteira Saramaganta
    Titulo del libro
    Amaranta, a carteira Saramaganta
    Mau
    Xerais
    Amaranta, a carteira saramaganta, esta protagonizado por algúns dos réptiles máis habituais na nosa fauna, p...
    No disponible

    8,95 €

  • EROS:MATERIAIS PENSAR O AMOR.ETICA,TEXTOS BUP XER
    Titulo del libro
    EROS:MATERIAIS PENSAR O AMOR.ETICA,TEXTOS BUP XER
    Oliveira Malvar, Mercedes
    Xerais
    No disponible

    Consulte en nuestra
    Librería